2021

2021 (MMXXI) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI, comezado en venres. En 2021 celebráronse algúns eventos orixinariamente previstos para 2020, incluídos o Festival de Eurovisión, a Eurocopa de Fútbol, os Xogos Olímpicos e a Expo 2020, que foron pospostos ou cancelados debido á pandemia da COVID-19. As Nacións Unidas declararon o 2021 como Ano Internacional da Paz e da Confianza, Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sustentable, Ano Internacional das Froitas e as Verduras, e Ano Internacional para a Eliminación do Traballo Infantil.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search